Canal Rías Baixas

Abril como data probable da entrada en vigor do PXOM sonense

PORTO DO SON> O alcalde, Luís Oujo, mantivo unha xuntanza coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, para avanzar na súa tramitación. Na xuntanza Encarnación Rivas trasladoulle ó rexedor sonense que unha vez realizada a aprobación provisional, a Xunta disporá dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado. Unha vez superado este trámite, a Administración Galega terá un prazo de tres meses para estudar o PXOM e emitir a correspondente orde, período que empeza a contar unha vez que este completo. Dende o concello agradeceuse o apoio da Xunta de Galicia tanto técnico coma económico para sacar adiante este documento que planificará o desenvolvemento do municipio nos vindeiros doce anos. Segundo o alcalde, Luís Oujo, a intención do equipo de goberno pasa porque poida entrar xa en vigor no mes de abril. A posta en marcha do PXOM sonense, unha promesa do actual executivo, porá fin ás normas Subsidiarias de planeamento vixentes dende outubro de 1994, hai xa 22 anos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/15/pxom_portodoson1501161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/15/pxom_portodoson150116.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version