Canal Rías Baixas

Os concellos aumentan a súa achega económica a Arousa Norte

RIBEIRA> Manuel Ruíz xa é o novo presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. No pleno celebrado esta mañá, no que se procedeu ó traspaso de poderes, analizáronse tamén as contas do ente comarcal e os proxectos turísticos que se acometerán nos vindeiros meses. Ó longo de 2016, o alcalde de Ribeira presidirá a mancomunidade de municipios Arousa Norte. Manuel Ruíz ratificou o seu firme compromiso coa entidade, necesaria para o desenvolvemento de proxectos turísticos en común, que dificilmente poderían acometer os concellos por si sos. Precisamente, durante o pleno celebrado esta mañá analizouse o orzamento da entidade e a posibilidade de incrementar as achegas dos concellos, fixadas actualmente en corenta mil euros anuais. Os técnicos da mancomunidade procederon tamén á presentación dos proxectos nos que está a traballar a entidade para dinamizar o turismo na comarca. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/26/pleno_mancomunidade_arousanorte_2601161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/26/pleno_mancomunidade_arousanorte_260116.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version