Canal Rías Baixas

Cores Tourís será o Secreatrio Xeral do PP de Pontevedra

Cores Tourís, actual delegado territorial da Xunta en Pontevedra, será o secretario xeral do Partido Popular na provincia e man dereita de Alfonso Rueda como novo presidente da formación. Así o anunciaban hoxe na entrega de avais da candidatura de Rueda que se formalizará previsiblemente no congreso deste domingo ao que asistirá o presidente do goberno en funcións, Mariano Rajoy.

 

José Manuel Cores Tourís non se quixo presentar como candidato á presidencia do partido provincial cando Rafael Louzán anunciou que non se ía a presentar de novo, pero quen sí o fixo, o vicepresidente da Xunta de galicia, Alfonso Rueda, xa advertíu de que tería un papel importante na súa directiva. Hoxe confirmábase aos medios, Cores Tourís converterase na man dereita de Rueda como secretario xeral do PP provincial.

Outros dos nomes da directiva que xa se puideron coñecer foron o da alcaldesa de Mos Nidia Arévalo como vicepresidenta e voceira e o da alcaldesa de Moraña como Secretaria de Organización, nomeamentos que se farán efectivos, unha vez celebrado o congreso deste domingo. Rueda confirmou que a súa directiva será equilibrada e que terá representación das dúas cidades da provincia.

A nova deuse a coñecer no acto de entrega de avais á candidatura de Alfonso Rueda que está composta por case 600 compromisarios, dos que asegura tomou nota de todo o que lle aportaron nas 10 reunións que tivo con eles durante todo o mes. O Vicepresidente da Xunta deixará o seu cargo como Secretario Xeral do PPdeG o vindeiro mes de maio no congreso autonómico.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/rueda_pp_provincial.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/rueda_pp_provincial.mp4{/flowplayer}

 

Exit mobile version