Canal Rías Baixas

Pistoletazo de saída para a Semana Santa de Boiro

BOIRO> No ano da Misericordia, Boiro vivirá unha Semana Santa do máis especial. Os actos de celebración arrancaron xa esta fin de semana coa lectura do pregón a cargo de Francisco Vázquez, ex embaixador de España na Santa Sede. Tralo pistoletazo de saída das celebración, Boiro ten por diante un amplísimo programa que terá continuidade coas procesións e numerosos actos litúrxicos. O venres escenificarase o Desencravo que dará paso ó Santo Enterro. O sábado a partir das nove da noite celebrarase a Vixilia Pascual mentres que o Domingo de Resurreción terá lugar a misa de Pascua. Dende hai anos a confraría do Cristo da Misericordia traballa a reo para organizar o programa de actos en colaboración coa parroquia así como na posta en valor do patrimonio relixioso como aconteceu coa restauración da imaxe da Virxe da Soedade. Tamén o alcalde tivo verbas de agradecemento para esta confraría que fai posible que cada ano máis e máis xente se desprace ata Boiro atraídos pola grandeza da súa Semana Santa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/14/presentacion_semana_santa_boiro_1403161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/14/presentacion_semana_santa_boiro_140316.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version