Canal Rías Baixas

Un tornado causa importantes estragos en Cabío

POBRA> O fenómeno metereolíxico afectaba ó tellado dun restaurante de temporada existente na propia praia e tamén a varias árbores nun pinar próximo. Un tornado que entraba este mediodía pola ría de Arousa causou un regueiro importante de desfeitos pola zona da praia de Cabío. Por fortuna todos foron materiais e non houbo que lamentar danos persoais. O fenómeno metereolóxico, de gran virulencia, provocou o desprendemento de parte do teito e a cuberta da terraza do Bar Azul, un establecemento de temporada, actualmente pechado, que se sitúa en plena praia de Cabío. O tornado causou tamén destrozos nun pinar próximo, no que varias árbores resultaron arrancadas de raíz pola forza do vento. Dende Protección Civil da Pobra apelan á responsabilidade e fan un chamamento ós veciños para que extremen as súas precaucións e non transiten durante as próximas horas por zonas que puderan ser de especial perigo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/13/tornado_pobra1304161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/13/tornado_pobra130416.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version