Canal Rías Baixas

A SOGAPS inicia unha recadación de fondos para o programa ‘Vacacións en Paz’

RIBEIRA> Solidariedade Galega co Pobo Saharaui iniciou unha campaña de recadación de fondos no Barbanza para o financiamento do programa Vacacións en Paz. Pretenden adiantar a saída dos nenos dos campos de refuxiados ante o clima prebélico que atravesa o conflito con Marrocos. O incremento da tensión nos campos de refuxiados de Tinduf, despois de que Marrocos expulsara á maior parte do continxente da misión Minurso, plantexa a ameaza dun conflito armado. Á espera da resolución das Nacións Unidas que se producirá o trinta de abril, SOGAPS traballa contrarreloxo para sacar ós nenos dos campos de refuxiados no marco do programa Vacacións en Paz. A campaña céntrase fundamentalmente nos centros escolares da comarca onde se están a repartir dípticos informativos nos que se solicita a colaboración económica. Non só a comunidade educativa, senón toda a cidadanía en xeral pode apoiar iniciativa realizando a súa aportación ou colaborando no reparto dos folletos. No marco deste programa, máis de trescentos nenos saharauis parten cada verán para Galicia. Dende SOGAPS agardan que a colaboración cidadá permita aumentar o número este ano, dado o ambiente prebélico que pesa sobre os campos de refuxiados do Sáhara Occidental. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/20/campana_sogaps_axuda_saharauis_2004161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/20/campana_sogaps_axuda_saharauis_200416.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version