Canal Rías Baixas

O antigo Casino de Noia contará con salas de exposición

NOIA> O concello de Noia estuda habilitar unha sala museo no edificio do Casino para que os artistas locais dispoñan dun local onde expoñer. O obxectivo é dar un paso máis na dinamización cultural do municipio. O proxecto no que traballa o executivo noiés contempla habilitar varios andares para albergar exposicións, compatibles cos demais usos do inmoble que acollerá tamén unha sala de conferencias e un auditorio. Na actualidade, xa se están a executar reformas na planta baixa do edificio, onde se emprazará a aula CEMIT e a oficina de información turística. Esta actuación atópase bastante avanzada polo que podería abrir ó público nas próximas semanas. Para acometer a rehabilitación integral do resto das instalacións, o concello buscará financiamento noutras administracións e mesmo concorrerá á liña de axudas dos Grupos de Acción Costeira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/22/conversion_museo_casino_nooia_2204161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/22/conversion_museo_casino_nooia_220416.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version