Canal Rías Baixas

Costas reducirá o deslinde en varios núcleos do litoral boirense

BOIRO> O concello de Boiro está á espera do informe de Costas de Galicia para a regularización de varios núcleos costeiros. Se a resolución é favorable, preto de catrocentas propiedades veranse beneficiadas dunha redución do deslinde de cen a vinte metros. Preto de catrocentas unidades edificatorias dos núcleos de Cabo de Cruz, Escarabote e Barraña veranse beneficiadas da redución do deslinde litoral de cen a vinte metros, no caso de que a Demarcación de Costas emita un ditame favorable á solicitude de regularización formulada polo concello tras meses de exhaustivo traballo. Na actualidade, estas edificacións e parcelas estaban afectadas pola Lei de Costas de 1988 xa que, no momento da súa aprobación, o concello non realizou unha alegación para reducir a afectación nestes núcleos costeiros tradicionais. No caso de que a resolución, que se emitirá no prazo dun mes, sexa favorable, os veciños poderán ampliar os usos e realizar actuacións ata agora non autorizadas nas súas propiedades. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/26/regularizacion_nucleos_costeiros_boiro_260420161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/26/regularizacion_nucleos_costeiros_boiro_26042016.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version