Canal Rías Baixas

Voluntarios de Cruz Vermella clasifican o lixo mariño do litoral boirense

BOIRO> Voluntarios da Cruz Vermella de Boiro participaron na xornada de limpeza desenvolvida na praia de Barraña. Esta iniciativa, na que colabora o Ministerio de Medio Ambiente, pretende medir e catalogar a contaminación á que están sometidos os areais, con residuos do máis sorprendentes. Medir o nivel de lixo mariño que soportan os areais é un dos principais obxectivos das actividades medioambientais como a desenvolvida por Cruz Vermella en Barraña. A iniciativa componse de dúas fases: a recollida e mostraxe dos residuos e a súa posterior clasificación. Entre os residuos catalogados figuran, como os máis comúns, restos de aparellos de pesca ou de bateas, así como outros tan inusuais como os bastonciños para as orellas. Co obxectivo de manter un control sobre os índices de contaminación no litoral, está previsto realizar unha nova mostraxe neste mesmo areal tralo verán. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/11/xornada_limpeza_praia_barrana_110520161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/11/xornada_limpeza_praia_barrana_11052016.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version