Canal Rías Baixas

Ribeira incrementa nun trinta por cento a recollida de vidro

RIBEIRA> Ribeira ten incrementado nun trinta por cento os niveis de reciclaxe de vidro grazas ó sistema de recollida posto en marcha hai uns meses por Ecovidrio. Destaca especialmente a implicación do sector hostaleiro para facilitar o transporte e depósito dos residuos. Os resultados falan por si sós. Transcorridos apenas dous meses da posta en marcha desta campaña, as toneladas de vidro reciclado no concello de Ribeira supoñen un trinta por cento máis que no mesmo periodo do pasado ano. O éxito da iniciativa reside principalmente na implantación dun sistema especial de recollida e baleirado do vidro para a hostalería, ó que se sumaron medio cento de locais do municipio. Ó tempo, Ecovidro procedeu a incrementar o número de contedores de vidro así como a renovar aqueles que se atopaban en mal estado. Dende o concello quixeron agradecer a gran colaboración amosada pola cidadanía. O incremento da recollida selectiva supón non só unha notable mellora medioambiental senón tamén un importante aforro económico. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/campana_reciclaxe_ribeira_1205161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/campana_reciclaxe_ribeira_120516.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version