Canal Rías Baixas

Medio Ambiente dotará de saneamento ó núcleo ribeirense de Sirves

RIBEIRA> A Xunta de Galicia investirá uns 225 mil euros na instalación da nova rede de saneamento en Sirves, no concello de Ribeira. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaba co alcalde, Manuel Ruíz, o convenio de colaboración que permitirá a realización desta importante actuación. O convenio asinado esta mañá no concello permitirá a construción da nova rede de saneamento ó núcleo de Sirves, na parroquia de Olveira. A actuación, cun investimento duns 225 mil euros, permitirá a instalación dunha rede de colectores que trasladarán as augas residuais á rede xeral, e conducilas posteriormente ata a depuradora de Corrubedo. A titular de Medio Ambiente destacou a importancia desta actuación, coa que se avanza un paso máis cara o saneamento integral do municipio. Neste sentido Beatriz Mato fixo referencia ós máis de 28 millóns de euros investidos en Ribeira nesta materia dende o ano 2009, a maior parte deles destinados ás novas depuradoras de Ribeira e Corrubedo. Mato anunciou tamén outro importante investimento. Neste caso en materia de urbanismo, enmarcado no Plan Hurbe, para a renovación das beirarrúas da Avenida da Coruña cun presuposto duns 200 mil euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/05/conselleira_medioambiente_saneamento_ribeira0507161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/05/conselleira_medioambiente_saneamento_ribeira050716.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version