Canal Rías Baixas

Porto do Son rememorou o seu pasado celta

PORTO DO SON> Porto do Son converteuse esta fin de semana en polo de atracción para numerosas persoas que se achegaron a desfrutar da súa feira celta. Ó longo de varias xornadas: venres, sábado e domingo, na vila sonense desenvolvéronse numerosas actividades programadas no marco desta celebración, xa consolidada no panorama festivo da comarca. Porto do Son volveu esta fin de semana ó seu pasado cunha nova edición da Feira Celta. A actividade ano a ano vai adquirindo maior relevancia e xa se converteu nunha das citas ineludibles na comarca. As rúas do casco antigo da vila convertéronse nun improvisado castro celta e os veciños e visitantes, moitos deles caracterizados para a ocasión disfrutaron coas múltiples actividades programadas como é o caso da animación de rúa da man da compañía Entr’Act, e as actuacións dos Gaiteiros do Sur e Acibreira. O número de postos veuse ademais incrementado nesta edición, pasando do centenar. Dende o concello sonense xa se está a traballar de cara ó vindeiro ano. O éxito da feira e o feito de que moitos postos non puideran participar, véndose limitados polo espazo, fai pensar na necesidade de ampliala, polo que non se descarta abrir a feira o ano que vén a novas rúas do casco vello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/01/feira_celta_portodoson0108161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/01/feira_celta_portodoson010816.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version