Canal Rías Baixas

O concello de Ribeira pon en marcha un comedor social durante o verán

RIBEIRA>O concello de Ribeira asumirá durante o verán a función do comedor social de Cáritas a través dun servizo de catering contratado a unha empresa local. O servizo xa comezou a facerse efectivo dende o primeiro de agosto, e estenderase ata o 15 de setembro. Un verán máis e coincidindo co peche estival do comedor social de Cáritas, o Concello decidiu asumir esta función proporcionando alimentación ás persoas máis necesitadas do municipio. Do servizo beneficiaranse uns quince usuarios. Serán os propios Servizos Sociais Comunitarios e o Servizo de Drogodependencia os encargados de coordinar cales serán as persoas receptoras. A distribución da comida non se realizará mediante un comedor físico se non que se levará a cabo a través dun servizo de cátering, de tal xeito que os usuarios recibirán de forma individual packs envasados cun primeiro prato, un segundo prato, postre, pan e auga. O servizo estará operativo de ata o 15 de setembro, xa que a partir desa data volverá a funcionar o comedor de Cáritas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/02/comedor_social_ribeira0208161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/02/comedor_social_ribeira020816.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version