Canal Rías Baixas

“Contra os elementos”: o documental que visibiliza o deporte feminino

BARBANZA> A área de Igualdade da Deputación da Coruña estreou onte un documental que busca visibilizar e poñer en valor o deporte femenino, á vez que desmonta certos prexuízos existentes na sociedade sobre o rol da Muller. Deportistas e adestradoras galegas protagonizan “Contra os elementos”.

 

 

Elas son Marta, Verónica, Paula, Sofía, Isabel, Ruth, Mónica …e así ata 13 mulleres. Mulleres galegas e campioas de boxeo, de fútbol, rugby, surf, vela, atletismo…Deportes de terra, mar, aire e lume. Elas loitan contra os elementos, de ahí o título do documental, fai referencia a esa dobre intención do proxecto: superar as dificultades do medio natural e ao mesmo tempo os obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder adicarse profesionalmente ao seu deporte. A partir de entrevistas a deportistas e adestradoras, desdea área de Igualdade, que dirixe a deputada Ánxela Franco, preténdese visibilizar o deporte feminino galego. E denunciar que a participación da Muller, non ten o mesmo eco no mundo do deporte cando os protagonistas son homes. Ademais, búscase apoiar os deportes minoritarios, promover valores como a superación e o esforzo, e crear modelos entre as adolescentes para animar á práctica deportiva. Elas son todo un exemplo para á mocidade e un referente no longo camiño que aínda nos queda por diante, a toda a sociedade, na procura da igualdade de xénero e na loita contra os elementos. 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/video_deputacion_mulleres_deportistas_071020161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/video_deputacion_mulleres_deportistas_07102016.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version