Canal Rías Baixas

Bo arranque da campaña marisqueira en Ribeira

RIBEIRA> Os mariscadores apenas teñen dificultades estes primeiros días para recoller os topes establecidos. Con certa desconfianza, os mariscadores de Ribeira iniciaron a apertura da campaña. Aínda que tras as primeiras xornadas o balance non é de todo malo. Todo o contrario. As capturas están a ser máis que aceptables. Apenas teñen dificultades para coller os topes establecidos, dez quilos de babosa e cinco quilos de fina, e vese bastante marisco nas concesións. Os prezos en lonxa tamén están a acompañar. O primeiro día recolléronse preto de dous mil quilos de ameixa babosa, cun prezo que rondou dos 15,60 euros a máis barata ós 45,90 a máis cara. Da fina apenas se contabilizaron uns 30 quilos. A máis cara chegou ata os 66 euros, mentres que a máis barata quedouse nos 18,40. Na campaña marisqueira de Ribeira participan ó redor duns 200 profesionais. As zonas de traballo establecidas son os bancos de Coroso, o Touro e as Insuas. As previsións do pósito é que a campaña se prolongue ata febrero. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/inicio_campana_marisqueira_ribeira_0311161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/inicio_campana_marisqueira_ribeira_031116.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version