Canal Rías Baixas

Pontevedra vístese de Etiqueta Negra os días 12,13 e 14 deste mes

Pontevedra> Pontevedra acollerá os días 12, 13 e 14 de novembro a primeira Feira Etiqueta Negra. Unha cita adicada a produtos Gourmet e Delicatessen Galegos. Máis de 50 representantes da alta gastronomia e alimentos singulares galegos representarán os seus produtos nesta feira. Un evento que tamén contará con showcookings, mesas redondas e zona de negocios. 

 

Xa queda menos para o pistoletazo de saída da primeira feira de Etiqueta Negra que se celebrará os días 12,13 e 14 no Recinto Feiral de Pontevedra en horario ininterrompido de 11 da mañá a oito da tarde. Máis de 50 empresas estará presentes neste evento que promocionará os produtos gourmet e delicatessen da nosa terra. Dende a organización valoraron nesta primeira edición a orixinalidade e maior calidade dos produtos fronte a cantidade de expositores. 

Etiqueta Negra nace co fin de converterse nun dos eventos gastronómicos máis destacados do noso país. Tres días que reunirán o mellor do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado. 

Unha feira moi ben valorada polas empresas galegas que terán a oportunidade de abrir as portas ao seu produto ao longos dos tres días de duración desta feira. 

Ademais de desfrutar do mellor produto galego ao longo destes tres días tamén haberá showcookings, onde participarán chefs da talla de Pepe Solla, mesas redondas, conferencias e contará ademais cunha zona de negocios. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/etiqueta_negra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/etiqueta_negra.mp4{/flowplayer}

 

Exit mobile version