Canal Rías Baixas

Arousa Norte promove o turismo gastronómico co ‘+ que Tapas’

BARBANZA> Na inicitiva, que se desenvolverá dende esta fin de semana ata o 18 de decembro, tomarán parte uns trinta establecementos hostaleiros. Durante as tres próximas fins de semana, ata a do 18 de decembro, as persoas que se acheguen ó Barbanza poderán disfrutar dunha nova edición do concurso ‘+que Tapas’. Unha iniciativa gastronómica que promove a Mancomunidade Arousa Norte que busca un dobre obxectivo. Na iniciativa presentada esta mañá, participarán uns trinta e un establecementos dos concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo que estarán debidamente identificados. Os clientes poderán votar pola tapa máis saborosa, a máis innovadora ou a mellor presentada. Ademais do gusto do público, haberá tamén un xurado profesional que se encargará de avalialas, concedendo tres premios de 500, 300 e 200 euros para poder gastar no comercio local. Os clientes participarán ademais nun sorteo de dous paquetes turísticos de Arousa Norte Cultura, para dúas persoas, valorados en 220 euros cada un deles. A iniciativa Arousa Norte +Q Tapas compleméntase tamén cunha programación cultural e de ocio nos catro que incluirá obras de teatro, cinema, sesións de contacontos e concertos de música, entre outras posibilidades. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/maisquetapas_arousanorte2211161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/22/maisquetapas_arousanorte221116.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version