Canal Rías Baixas

O Porto de Marín estrea grúa

MARÍN> O equipamento da terminal de colectores do Porto de Marín, Termarín, está dende o venres máis completo. O peirao de Reboredo recibiu a nova grúa Post-Panamax, para comezar cos labores de destrincaxe e acondicionamento previas á súa instalación no peirao.

 

A grúa foi adquirida polo Grupo Pérez Torres, concesionario da terminal, e chegou a Marín procedente dun porto italiano. Prevése que poida estar completamente operativa nas vindeiras semananas, reforzando a aposta do grupo polo tráfico de colectores no porto de Marín.

A compra deste equipamento enmárcase dentro do seu plan de investimentos co obxectivo de seguir incrementando a capacidade operativa da terminal. E é que permitirá operacións máis rápidas e con buques de maior porte. Ademais, incorpora un sistema elevador de colectores, co que se poderá descargar dous colectores de vinte pés cheos de xeito simultáneo.

O Porto de Martín continúa incrementando o tráfico de mercadoría colectorizada. Só ata o mes de setembro deste ano, incrementouse un 40% o movemento de colectores respecto do mesmo período do ano anterior. Ademais, o porto mariñense é a primeira escala en Europa para liñas transoceánicas e conta con conexións feeder con todo o mundo. o Posto de inspección fronteiriza ou a conexión ferroviaria directa, son outros dos servizos que ofrece, axilizando as operacións dos grandes buques.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/porto_marin_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/porto_marin.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version