Canal Rías Baixas

Primeiros pasos para a posta en marcha do programa de vivendas baleiras en Rianxo

POBRA> o executivo rianxeiro xa aprobou o documento guía que permitirá a realización dun inventariado de vivendas con renda taxada e a incorporación de solicitantes ó programa. O concello de Rianxo, adherido xa o programa de Vivendas Baleiras que promove a Xunta de Galicia, mantivo unha xuntanza con responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo durante a que se aprobou o documento guía que permitirá a realización dun inventariado de vivendas con renda taxada e a incorporación de solicitantes ó dito programa, o que permitirá un alugueiro social dando garantías de cobro ós donos dos pisos a alugar, ademais dun seguro multirrisco do fogar. O documento aprobado esixe tamén unha renda mínima e uns baremos máximos por parte dos solicitantes para acollerse. O executivo rianxeiro xa sacou un bando cos contidos do programa, tanto para a incorporación das vivendas como dos posíbeis beneficiarios, para difundilo entre a veciñanza da localidade, tendo como puntos de información os propios Servizos Sociais municipais. Para inscribir os pisos no rexistro de vivendas encargarase a ARI, a Área de Rehabilitación Integral do Concello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/25/vivendas_baleiras_rianxo2511161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/25/vivendas_baleiras_rianxo251116.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version