Canal Rías Baixas

“Comandante, eu son galego”

CAMBADOS> Este sábado amenciamos coa noticia do finamento de Fidel Castro en todos os medios de comunicación. Pois ben, este domingo, e tamén por mediación dos medios, aínda que nesta ocasión locais, coñeciamos que un arousá, coñecido na bisbarra en xeral e en Cambados en particular, tivo a oportunidade de coñecer en persoa o líder cubano. 

 

Tino Cordal recordaba esta mañá no seu despacho do concello de Cambados, aquel día no 1991 cando Fidel Castro se acercou a saúdalo. 

Unha viaxe, que dou máis que para un saúdo, xa que posteriormente o propio mandatario invitou a unha cea aos integrantes de aquel intercambio estudantil, e pediu que Cordal se sentase o seu lado. 

Durante o transcurso da cea ambos charlaron sobre Galicia e a actualidade de España por aquel entonces. 

Tino Cordal recorda aquela noite na Habana con especial cariño, xa que como el mesmo explicou o feito de saudar a Fidel Castro tiña moito simbolismo para on mozo militante de esquerdas por aquel entón. Cordal recoñece que castro mostrouse tan amable con el pola súa simpatía cara os galegos. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/tino_cambados_castro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/tino_cambados_castro.mp4{/flowplayer}

 

Exit mobile version