Canal Rías Baixas

Consternación en Muros polo falecemento de Glays Bermúdez

MUROS> O funeral pola que fora presidenta da Federación de Empresarios do Barbanza entre os anos 2008 e 2012 terá lugar mañá venres ás doce e media na igrexa parroquial. A pesar de que levaba varios anos loitando contra a enfermidade, a nova do falecemento da empresaria, de 56 anos de idade, caeu con sorpresa na vila muradá, onde era moi coñecida. Durante a xornada de hoxe foron numerosas as persoas que se achegaron ata o tanatorio de A Atalaia a darlle o último adeus. Tratábase dunha persoa moi coñecida, non só en Muros, senón en toda a comarca do Barbanza e Muros-Noia. Durante anos foi presidenta da Asociación de Empresarios de Muros, e posteriormente entre os anos 208-2012 dirixiu tamén as rendas da Federación de Empresarios do Barbanza. Mañá venres, ás doce e media, terá lugar o seu funeral na igrexa parroquial de Muros.

Exit mobile version