Canal Rías Baixas

A Garda Civil detén a un veciño de Noia por un roubo cometido nunha vivenda

NOIA> Os feitos tiveron lugar o pasado seis de decembro. Axentes da Garda Civil de Noia procederon onte á detención dun veciño da localidade, de 43 anos, como presunto autor dun roubo cometido o pasado seis de decembro. Os feitos foron denunciados pola propietaria da vivenda no propio cuartel da Garda Civil noiesa. Segundo informaron fontes policiais o prendido logrou entrar na casa forzando a porta de entrada. Unha vez no interior apropiouse de diversas xoias valoradas nuns cincocentos mil euros que posteriormente vendeu, aínda que finalmente puideron ser recuperadas e entregadas á súa dona. O detido xa estaba en busca por outro roubo cometido na praza de abastos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/14/detencion_roubo_noia1412161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/14/detencion_roubo_noia141216.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version