Canal Rías Baixas

A FEB e ABANCA renovan o seu convenio de colaboración

BARBANZA> O convenio permitirá mellorar a competitividade dos pequenos establecementos e impulsar as vendas. A patronal comarcal e ABANCA veñen de renovar o seu convenio de colaboración. Unha relación que manteñen dende hai anos e que reporta importantes beneficios para os socios da FEB. O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da Barbanza asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ó mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior. O convenio asianado esta mañá terá unha vixencia dun ano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/convenio_feb_abanca2501171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/convenio_feb_abanca250117.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version