Canal Rías Baixas

O BNG levará ó Parlamento a avaría da máquina de raios X do centro de saúde noiés

NOIA> Segundo os nacionalistas esta situación obriga a moitos veciños da comarca a ter que desprazarse a Santiago, ou no peor dos casos recorrer á sanidade privada, para poder facer este tipo de probas. Logo da denuncia realizada pola CIG, á que tamén se sumou SOS Sanidade Pública, o BNG levará ó Parlamento, a través do seu grupo parlamentario, os problemas da avaría da máquina de raios X do centro de saúde de Noia . Os nacionalistas denuncian a situación pola que están a atravesar moitos veciños de Noia, Lousame, Porto do Son e Outes que se ven obrigados a desprazarse ata Santiago, ou no peor dos casos a acudir á sanidade privada, para poder realizar estas probas. Dende o BNG de Muros-Noia consideran que esta situación, derivada da política de recortes en sanidade, non é sostible no tempo, causando un grave prexuízo, polo que esixen unha pronta solución do problema, que non implique a redución de servizos sanitarios nos centros de asistencia primaria. Por esta razón dende o BNG noiés sinalaron tamén que se sumarán á concentración convocada pola CIG prevista para o próximo luns diante do propio centro de saúde. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/bngnoia_avaria_maquina_raiosx2402171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/bngnoia_avaria_maquina_raiosx240217.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version