Canal Rías Baixas

A directiva do Boiro dá marcha atrás na súa decisión e mantén a Fredi Álvarez

BOIRO> O técnico moañés puxo o cargo a disposición do Club debido ós malos resultados colleitados nas últimas xornadas. Xornada convulsa a vivida onte en Barraña. Pola tarde o Club facía oficial na súa conta de twiter a marcha do adestrador, Fredi Álvarez, quen puxo o seu cargo a disposición debido ós malos resultados acadados polo equipo nas últimas xornadas. A intención da directiva pasaba daquela por darlle a dirección técnica ó segundo de Fredi, José Tizón. Todo se abordou a última hora da tarde de onte nunha xuntanza á que asistiu, ademais de parte da diretiva o propio técnico de Moaña. Nesa reunión, que se prolongou por varias horas, acordouse dar marcha atrás na decisión tomada anteriormente, e darlle de novo as rendas do equipo a Fredi. A directiva boirense ten plena confianza no técnico do Morrazo, para eles é a persoa idónea para sacar ó Club da difícil situación na que está agora, ocupando postos de descenso directo. Dende o Club agardan a que o episodio vivido na xornada de onte non afecte ó equipo, e os xogadores traballen coa mente posto nun único fin, que non é outro que a consecución da tan ansiada permanencia. O próximo capítulo verémolo xa este domingo en Barraña, no que os boirenses recibirán ó Mutilvera, un partido crucial tamén para os intereses do equipo local. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/readmision_adestrador_clubdeportivoboiro2803171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/readmision_adestrador_clubdeportivoboiro280317.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version