Canal Rías Baixas

O Club Deportivo Boiro enfróntase este domingo a unha nova final

BOIRO> Os de Fredi viaxarán a terras ferroláns para xogar contra o Racing de Ferrol. O Boiro non lle vale máis que a vitoria e agardar tamén o tropezo dalgún dos seus directos rivais pola permanencia. Con todo o seu plantel disponible a excepción do defensa central Mateo, cuxa lesión de cruzado o pasado domingo ante o Pontevedra o terá apartado dos terreos de xogo alomenos uns seis meses, viaxa o Boiro este domingo á malata, para enfrontarse a un dos equipos históricos galegos, como é o Racing de Ferrol. Ós de Fredi non lles valerá outro resultado que a vitoria, debendo ademais agardar a un posible pinchazo dos seus directos rivais pola permanencia na categoría: Mutilvera, Burgos e Caudal Deportivo. O encontro supórá ademais enfrontarse a dous coñecidos da afección boirense, como son Adrián Armental, capitán do Boiro durante varios anos, e o palmeirán, Joselu Gómez. O comezo do partido está fixado para as cinco da tarde e nel haberá de seguro unha ampla representación de afeccionados blancos que de seguro viaxarán ese día a Ferro para acompañar ó equipo. O resto de enfrontamentos dos equipos galegos nesta categoría serán Lealtad-Somozas, Celta B-Caudal Deportivo e Burgos-Coruxo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/05/previo_futbol_racingferrol-boiro0205171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/05/previo_futbol_racingferrol-boiro020517.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version