Canal Rías Baixas

Abel Barros e Tina Fernández, gañadores da III Carreira Popular de Lousame

LOUSAME> A proba celebrada onte domingo reuniu a máis de catrocentos corredores sumando tódalas categorías. Abel Barros do Atletismo +9 Moraña e Tina Fernández do Urban Runners Club Santiago foron os gañadores absolutos da terceira edición da Carreira Popular “Pilar Barreiro Senra”, que congregou onte domingo a un 408 corredores sumando tódalas categorías. O corredor pontevedrés, que repite vitoria mostrouse moi forte dende o inicio da proba en Portobravo. Fixo un tempo de 34 minutos e 26 segundos en cubrir os 10 quilómetros da proba, batendo a súa propia marca de 2016 en oito segundos. Por detrás del na categoría masculina entraron Miguel Penedo 3&run by Pedro Nimo e Enrique Morán do Atletismo Porriño. En canto á categoría feminina Tina Fernández foi a vencedora absoluta, cun tempo de 40 minutos e 5 segundos. A segunda foi María González do Original Mgm Team e en terceira posición Lorena Pose, tamén do Urban Runners Club Santiago. Ampla foi tamén a participación das categorías escolares. A organización da proba foi alternando as saídas en función da idade de cada participante, establecéndose tamén diferentes percorridos para cada categoría. Os premios ós gañadores de cada categoría foron entregados pola alcaldesa, Teresa Villaverde, a edil de Deportes, María Regenjo, e a madriña da proba, Pilar Barreiro, que tamén participou na carreira. A carreira foi organizada polo concello de Lousame, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, así como co patrocinio de varias casas comerciais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/22/carreira_popular_lousame2205171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/22/carreira_popular_lousame220517.mp4{/flowplayer}

Exit mobile version