Canal Rías Baixas

Máis de cincuenta asociacións colaboran no Xuño da Cultura e das Artes

RIBEIRA> Co inicio de xuño, Ribeira converterase nun fervedoiro cultural. Máis dun cento de actividades compoñen o programa do Xuño da Cultura e das Artes no que participa activamente o tecido asociativo do municipio. Medio cento de asociacións colaboran na organización do Xuño da Cultura e das Artes. Unha iniciativa, impulsada polo concello de Ribeira, que programará máis dun cento de actividades na vila ó longo de todo o mes. No Xuño da Cultura teñen cabida todo tipo de expresións artísticas. Música, cine, teatro, arqueoloxía, deporte. Unha das actividades máis destacadas será a feira do libro, que acada xa a súa terceira edición. Instalarase na praza do concello dende o xoves 22 ó domingo 25. O día 30, ás nove e cuarto da noite terá lugar o acto de clausura do Xuño da Cultura. Tódalas asociacións participantes recibirán un pergamiño conmemorativo pola súa colaboración.

Exit mobile version