Canal Rías Baixas

A Xunta amplía o número de prazas nos campamentos xuvenís de verán

BOIRO> A primeira das catro quendas de rapaces que participarán nos campamentos de verán da Xunta en Boiro xa está en Espiñeira. Esta mañá recibiron a visita da directora xeral de Xuventude quen os animou a desfrutar desta experiencia que combina convivencia, ocio, natureza e educación. Ó longo do verán pasarán polas instalacións do campamento de Espiñeira máis de catrocentos mozos divididos en catro quendas. Ademais de desfrutar da contorna natural, participarán en visitas guiadas pola comarca, actividades deportivos e veladas nocturnas con teatro e animación. En toda Galicia, máis de nove mil cincocentos rapaces beneficiaranse destas iniciativas que buscan ofrecer un ocio alternativo á mocidade favorecendo a interrelación entre mozos de distintas zonas.

Exit mobile version