Canal Rías Baixas

O concello de Ribeira baralla a redistribución de espazos no centro de saúde

RIBEIRA> O concello de Ribeira traballa na reestruturación do centro de saúde da localidade, que actualmente carece de espazo para albergar certos servizos. Trala visita da xerente da área sanitaria de Santiago, o alcalde manterá proximamente unha xuntanza con responsables do SERGAS para plantexar a reorganización e ampliación das instalacións. A falla de espazo do actual centro de saúde de Ribeira que está a repercutir na calidade asistencial fai necesaria unha reordenación das instalacións. Á marxes dunha futura ampliación para dotalo de novas dependencias, o concello aposta pola redistribución do actual centro que lle outorgue maior funcionalidade. Nos próximos días, o alcalde manterá unha xuntanza con responsables do SERGAS e do ISM, que tamén ocupa dependencias no inmoble, para plantexarlles a súa proposta. Aínda que polo momento non se vai acometer a ampliación do centro, dende o concello non descartan facelo nun futuro. Unha parte do inmoble, a que alberga o club de xubilados, podería dotarse dunha nova altura no caso de ser necesario.

Exit mobile version