Canal Rías Baixas

Ribeira despide por todo o alto as súas festas de verán

RIBEIRA> A música foi sen dúbida a gran protagonista dos festexos, que un ano máis reuniron a numerosas persoas. A programación das festas desenvolvida durante toda a fin de semana tratou de satisfacer os gustos de pequenos e maiores. Foron numerosas as actividades desenvolvidas, aínda que as que levantaron maior expectación foron sen dúbida as actuacións musicais. Unha delas foi a actuación de Merche na praza de España… Ademais de Merche, outros artistas e grupos de éxito achegáronse este ano á localidade para desfrute de moitos. Foi o caso de Treixadura, que onte domingo encargouse de poñer o broche final ós festexos… Como é tradición na tarde do sábado, a lonxa volveu a reunir a numerosos visitantes, que asistiron á celebración da misa na honra da Virxe do Carme. Trala misa, os fieis acompañaron á patroa do mar na tradicional procesión. Na tarde de onte tivo lugar a coroación das raíñas da flor que congregou a numerosos visitantes no adro da igrexa. Acto seguido, as raíñas e mailas súas damas percorreron as rúas da cidade nas súas carrozas. Xa pola noite, as festas dixeron o seu adeus ata o ano que vén coa tradicional tirada de fogos artificiais dende o peirao da localidade.

Exit mobile version