Canal Rías Baixas

O Monbús Obradoiro inicia a pretempada en Rianxo

RIANXO> Os afeccionados ó baloncesto teñen unha cita este mércores en Rianxo. O Monbús Obradoiro disputará na localidade barbanzá o primeiro partido da pretemporada. Será ás oito e media no pavillón municipal. O Monbús Obradoiro elixiu Rianxo para desputar o primeiro partido da pretemporada Será este mércores días 30 ás oito e media no pavillón municipal, onde os composteláns medirán forzas co Porto. Trátase dun encontro moi atractivo no que debutarán seis xogadores e poderá testarse o estado do equipo de cara á competición oficial. Non é a primeira vez que o Obradoiro elixe Rianxo para disputar un partido da pretemporada. Na súa liña de achegarse á afección, posto que son o único equipo galego na ACB, xa visitaran a vila hai catro anos.

Exit mobile version