Canal Rías Baixas

Noia xa dispón do inventario do sistema eléctrico municipal

NOIA> O documento servirá de guía para a elaboración dun plan de eficiencia e aforro do consumo enerxético. Noia dispón de máis de catro mil puntos de luz en todo o municipio, a maioría delas antigas lámpadas de vapor de sodio e mercurio. A cifra puido ser coñecida a través da auditoría e inventariado do sistema eléctrico municipal encargado polo executivo. O documento servirá de guía para a elaboración dun plan de eficiencia e aforro do consumo enerxético. Unha das próximas actuacións será precisamente a renovación desas lámpadas antigas por outras máis modernas de tecnoloxía led para conseguir así un maior aforro para as arcas municipais. Para levar a cabo este proceso, o Concello agarda poder acollerse a unha liña de subvención do Ministerio de Industria, a través do IDAE.

Exit mobile version