Canal Rías Baixas

Galicia exporta o seu potencial náutico a toda Europa

BOIRO> Medio cento de persoas, participantes no Congreso Galicia Atlantic Destination, recalaron no porto de Cabo de Cruz para embarcase nunha travesía con paradas en Sálvora e Vilanova de Arousa. Neste programa turístico, promovido pola Xunta, particpan representantes das principais asociacións e clubs náuticos de Europa así como xornalistas procedentes de varios países. Esta delegación de expertos en náutica tivo ocasión de coñecer os atractivos que ofrece marina de Cabo de Cruz así como a ría de Arousa, un dos destinos turísitcos en auxe que máis medrou nos últimos anos a nivel de tránsitos portuarios. Ademais da repercusión desta visita a nivel europeo supón un incentivo para o porto crúcense que seguirá a traballar para incrementar a súa oferta de servizos de cara ó turismo internacional. O Galicia Atlantic Destination é un proxecto promovido pola Xunta de Galicia co fin de seguir a promocionar Galicia, como porto único, en toda Europa.

Exit mobile version