Canal Rías Baixas

Monte Porreiro agarda que as liñas de alta tensión se soterren neste 2018

Pontevedra> Os veciños de Monte Porreiro agardan que ao longo deste 2018 as promesas da Xunta sexan unha realidade, e realicen o soterramento das liñas de alta tensión que pasan polo centro desta parroquia. En relación aos composteiros piden ao concello que se faga un reparto equitativo por todas as parroquias e se faga un estudo de concienciación entre a veciñanza.

Os veciños de Monte Porreiro agardan que neste 2018 se soterre as liñas de alta tensión que pasan polo centro deste barrio. Levan loitando por este feito dende os anos 90. No 2010 parecía que todo ía a chegar a bo porto pero ao final entre liortas administrativas ente concello e Xunta non se acabaron estes traballos. Agora a Xunta di que rematará este proxecto e promete, a estes veciños, que neste ano se soterrarán estas liñas de alta tensión. Os veciños da zona están escépticos ante esta posibilidade.

En relación á compostaxe dende esta comisión de veciños non entenden o reparto que dende a Deputación e o Concello de Pontevedra querían facer en relación aos composteiros non é coherente. Dende esta comisión agradecen que se paralizase a colocación de máis de 20 composteiros neste barrio e o que piden é un reparto equitativo.

Dende esta comsión teñen claro que as cousas non se están facendo ben nin na compostaxe nin na educación para esta materia na cidadanía.

Dende a Comisión de veciños de Monteporreiro agardan que o concello escoite e teñan en conta as súas reivindicacións, que reflexan, din, a opinión dos veciños deste barrios da cidade.

Exit mobile version