Canal Rías Baixas

O BNG de Boiro esixe a retirada da simboloxía franquista

BOIRO> O BNG de Boiro demanda a retirada da simboloxía franquista que aínda persiste en varios elementos públicos do municipio. Esixen así que se dea cumprimento a un acordo plenario tomado por unanimidade hai ano e medio.

Estas fontes en Cariño e en Goiáns son tan só un exemplo dos símbolos relativos á ditadura franquista que aínda se poden apreciar en Boiro. Dende o BNG esixen que se proceda de inmediato á súa retirada en cumprimento da lei da memoria histórica e do acordo unánime adoptado polo pleno en 2016.

Piden un maior rigor á hora de cumprir coa lei de memoria histórica tal e como fixeron os nacionalistas cando ostentaban o goberno municipal.

Por outra banda, demandan do concello o desenvolvemento de accións formativas e de sensibilización sobre a memoria histórica así como a organización de actos de homenaxe ós represaliados durante o franquismo, como os que cada ano promove o BNG o Día da Galiza Mártir.

Exit mobile version