Avanzan as obras de construción do circuíto de calistenia e da pista deportiva no...
O executivo rianxeiro iniciou hai unhas semanas a remodelación da zona deportiva situada a carón do Campo de Arriba, xunto ó polideportivo municipal A actuación que se está a levar a cabo, cun orzamento total de preto dos 50 mil euros, permitirá a creación dun circuíto de calistenia e unha pista deportiva.
Ribeira busca financiamento para retomar o proxecto da nova biblioteca
O concello de Ribeira traballa na busca de financiamento por parte doutras administracións para poder sacar adiante o proxecto da biblioteca municipal. O obxectivo é licitar a obra entre finais deste ano e principios de 2027.
Arranca con grande éxito a segunda edición do MercaNaVila para dinamizar o pequeno comercio
A campaña comercial MercaNaVila arrancou con gran éxito en toda a provincia. Nas primeiras xornadas xa se teñen descargado centos de bonos e se adheriron ó programa a práctica totalidade dos comercios que cumpren cos requisitos.
Concello de Boiro e Deputación asinan un convenio para avanzar na rehabilitación de Goiáns
A Deputación da Coruña e o concello de Boiro asinaron un convenio para continuar coa rehabilitación da finca de Goiáns, logo da reforma integral do pazo e da capela. Investiranse 250 mil euros no acondicionamento do lagar pequeno, as cortes e unha antiga vivenda.
O BNG propón a reordenación do aparcadoiro municipal da avenida da Coruña
O BNG de Ribeira propón a reordenación do aparcadoiro da avenida da Coruña para ampliar os espazos de estacionamento no centro urbano. Trátase dunha proposta encadrada no plan do BNG para avanzar cara un novo modelo de mobilidade con máis opcións de estacionamento libre e accesible no casco urbano.
Boiro avanza na mellora dos equipamentos públicos co arranxo da contorna do centro social...
O concello de Boiro continúa co plan de mellora dos centros sociais do municipio. O alcalde e o concelleiro de Obras supervisaron esta mañá o acondicionamento da contorna do centro social do Esteiro, que está a piques de rematar.
Dez novos radares pedagóxicos contribuirán a reducir a velocidade do tráfico en Ribeira
O concello de Ribeira avanza na mellora da seguridade viaria con novas medidas de calmado de tráfico. Acaba de sacar a licitación a instalación de dez radares pedagóxicos para mellorar a seguridade e protexer ós usuarios máis vulnerables da vía pública.
As Amas de Casa de Ribeira coñecen os produtos de Congalsa nunha visita á...
Un numeroso grupo das Amas de Casa de Ribeira visitou esta mañá as instalacións de Congalsa na Pobra. Ademais de coñecer máis de preto os procesos de produción da empresa, as usuarias da entidade tiveron ocasión de degustar as últimas especialidades que vén de sacar ó mercado.
PSOE e VIPS apostan por manter o pacto de goberno ata o final do...
A POBRA> O PSOE e Veciños Independentes da Pobra realizaron unha declaración conxunta na que ratifican o seu compromiso co pacto de goberno aprobado...
En marcha as obras de mellora da eficiencia enerxética no centro social de Cures
O executivo boirense iniciou a semana pasada as obras para a mellora da eficiencia enerxética do centro social de Cures. A actuación, por un importe de algo máis dos 150 mil euros, está financiada con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña.

















