Pontevedra> Membros de diferentes colectivos, entidades e administracións públicas da cidade foron convidados esta mañá a un xantar moi especial. Con motivo do 75 aniversario do Centro de Recursos Educativos da Once en Pontevedra, dende esta entidade organizaron unha comida a cegas, o obxectivo, conciencia á cidadanía e poñerse durante unhas horas na pel dun invidente.
O Centro de Recursos Educativos da Once en Pontevedra comeza a celebración do seu 75 aniversario cunha comida a cegas.
Unha cita á que foron convidados diferentes responsables de entidades sociais, locais, deportivas e administrativas da cidade. O fin deste xantar é o de concienciar á cidadanía.
Ademais deste xantar, dende o CIFP Carlos Oroza, tamén realizaron unha visita sensorial ás camelias coas que conta este centro.
Unha visita que resultou ser moi interesante…
Trala vista ás camelias toca o momento do xantar. Alí, unha vez máis, os alumnos do CIFP Carlos Oroza tiñan todo listo para guiar aos convidados nesta xornada.
Dende o Centro de Recursos Educativos seguirán nos vindeiros meses celebrando máis actividades deste tipo, co fin de concienciar á cidadanía do que é un día a día con persoas con dificultade visual.