Canal Rías Baixas

IC Boiro demanda melloras no mercado municipal

BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro demanda unha serie de melloras na praza de abastos. Entre elas, a dotación de chan antideslizante ou a posta en servizo dos aseos da planta baixa. Solicitan ademais que se habilite unha sala de reunión na entreplanta e a presenza dun encargado que sirva de enlace entre os praceiros, os usuarios e o concello. Dende a formación independente piden ó concello que teña en conta as reivindicacións dos praceiros que levan sete anos demandando estas medidas.

Exit mobile version