Canal Rías Baixas

Os edís do BNG da Pobra presentan alegacións ó orzamento

POBRA> Son varias as alegacións formuladas polos edís do Bloque Nacionalista Galego ó documento orzamentario aprobado inicialmente. Reclaman que se  establezan partidas para obras específixcas que na actualidade permanecen agrupadas de xeito xenérico. Refírense en concreto á mellora ma estrada de Cadreche a Ouxo e Vilariño e na rúa san Roque e Adro do Caramiñal. Tampouco existe partida orzamentaria para a creación de infraestruturas destinadas á mocidade polo que propoñen o acondicionamento da antiga unitaria do Camiño Ancho. Por último propoñen habilitar unha partida de cen mil euros para a conservación das naves dos Ares, a detraer dos fondos reservados para a rehabilitación do auditorio do museo Valle-Inclán.

Exit mobile version