Canal Rías Baixas

Os veciños de San Salvador oponse ó carril único para a Ponte da Barca

Poio> Os veciños de San Salvador, en Poio, rexeitan a proposta do colectivo ciclista Pedaladas para eliminar un carril motorizado da ponte da Barca e habilitar un dobre para bicicletas. Dende a plataforma veciñal consideran que é un proxecto inviable, xa que suporía un caos de circulación.

Ante o comezo das obras de reforma da Ponte da Barca, o colectivo ciclista Pedaladas propuxo ós concellos de Poio e Pontevedra, ademais de á Xunta de Galicia, establecer o sentido único para os coches e facer un carril dobre para bicicletas, ademais de beirarrúas que cumpran coa actual lexislación, que marca itinerarios peonís cun mínimo de 180 centímetros de sección.

Dende a Plataforma  veciñal de San Salvador consideran esta proposta inviable, xa que prexudicaría gravemente á mobilidade dos habitantes de Poio.

Piden ás administracións implicadas que non acepten a proposta, e anuncian mobilizacións se finalmente se da o visto bo a esta modificación.

Exit mobile version