Canal Rías Baixas

Estudantes de Conservación e Restauración piden a integración na universidade

PONTEVEDRA> Esta mañá, estudantes e profesores da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia deron lectura ó manifesto polo que reclaman que os seus estudos sexan adscritos á universidade pública. A concentración forma parte do programa de mobilizacións convocadas en toda España pola Plataforma pola Integración das Ensinanzas Artísticas no sistema universitario.

Membros da comunidade educativa da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia concentráronse esta mañá para pedir a adscrición da titulación no sistema universitario.

En 2010 unha sentenza do Tribunal Supremo retirou a titulación de grado para as Ensinanzas Artísticas Superiores. Dende entón os estudantes atópanse nunha situación de incerteza tanto en relación ós seus estudos como ó seu futuro profesional.

A acción pretende facer visible o cansazo de estudantes e profesores pola falta de solución a un problema de moi longo percorrido que ten sido esquecido polas administracións educativas.

A lectura do manifesto “Universidade Xa” repetirase o 30 de xaneiro en centros de Ensinanzas Artísticas Superiores de toda España.

Exit mobile version