PONTEVEDRA> O Concelleiro de Mobilidade achegouse esta mañá ás instalacións de RadioTaxi para coñecer o funcionamento do servizo na cidade e seguir dando pasos firmes cara á implantación do transporte a demanda.
Demetrio Gómez visitou esta mañá as oficinas de RadioTaxi para coñecer o programa que xestiona as viaxes e as reservas dos vehículos e saber a información necesaria para formular o transporte a demanda na cidade.
O presidente da Asociación Provincial do Taxi mostrouse satisfeito con que o transporte a demanda se implante en Pontevedra e asegurou que das 89 licencias coas que contan na cidade, para dar este servizo requeriranse un ou dous vehículos.
O edil de Mobilidade respondeu tamén as declaracións da conselleira de Infraestructuras, nas que afirmaba que o Goberno local deberá facerse cargo dunha parte dos gastos derivados da implantación do transporte público na cidade, como xa pasa noutros Concellos.
O Concello non pode confirmar aínda cando se implantará o transporte a demanda pero para facelo contará cun investimento aproximado de 300.000 euros, do que o 80% corresponde ao orzamento dos fondos FEDER.