Canal Rías Baixas

O Concello de Vilagarcía celebra o Día Mundial da Bicicleta no IES Armando Cotarelo Valledor

O Concello de Vilagarcía celebra o Día Mundial da Bicicleta no IES Armando Cotarelo Valledor

VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía conmemorou o Día Mundial da Bicicleta cunha mesa redonda no instituto Cotarelo Valledor organizada pola Policía Municipal. O obxectivo é concienciar á mocidade das vantaxes do uso da bicicleta.

Nos últimos anos a Policía Local de Vilagarcía imparte clases de educación viaria ó alumnado de todos os centros educativos da vila. Para pechar esta actividade e celebrar o Día Mundial da Bicicleta, o departamento de Seguridade Viaria organiza unha mesa redonda nun instituto da vila en colaboración co concello. Este ano o escollido foi o Armando Cotarelo Valledor, en Vilaxoán. O obxectivo é concienciar á mocidade das vantaxes do uso da bicicleta.

Dende o centro aseguran que as diferentes clases e actividades chegan ós máis novos que cada ano utilizan máis este vehículo.

O Concello, pola súa parte, busca que a veciñanza utilice a bicicleta como un medio de transporte e non só como un medio de gozo.

Na mesa redonda abordáronse temas para tratar o presente e futuro deste vehículo e a normativa do seu uso nas cidades. Ante o éxito que están a ter as diferentes actividades, no vindeiro mes de maio o instituto, en colaboración coa policía municipal, organizará unha ruta en bicicleta por todo o concello.

Exit mobile version