Canal Rías Baixas

Vilagarcía impuxo setenta denuncias por incumprimentos do Estado de Alarma

VILAGARCÍA> A cifra de denuncias por incumprir as normas do confinamento son más elevadas en Vilagarcía. Nos últimos quince días, a Policía Local interpuxo un total de 70 por estes motivos.

Dende o concello fan un chamamento á responsabilidade da cidadanía e é que, a pesares de que a maioría da poboación está a cumprir coas medidas para frear a expansión do coronavirus, outros moitos saltan as restricións arriscándose eles mesmos e aos demais.

O goberno local asegura que porá a disposición dos vilagarciáns todos os medios e adoptará as medidas oportunidas para que os vilagarciáns poidan levar do mellor xeito posible o confinamento e afrontar as posteriores consecuencias económicas da crise.

Tamén agradeceron as mostras de solidariedade recibias por empresas, colectivos e particulares, así como esforzo da inmensa maioría dos veciños, que cualifican como titánico.

Exit mobile version