Vintec, o primeiro salón vitivinícola de Galicia, exhibe en Vilagarcía as innovacións do sector
Este mércores abriu en Vilagarcía Vintec, o primeiro salón de maquinaria e equipamento para o sector vitivinícola de Galicia. A feira abarca todos os servizos precisos para a produción, recolección, elaboración e distribución do viño. No recinto de Fexdega danse cita ata este venres máis de 150 expositores coas principais novidades para o sector, poñendo o foco na innovación e na sostibilidade.
O ‘batchcooking’ con peixe das rías chega á praza de abastos de Vilagarcía
A praza de abastos de Vilagarcía acolle entre este luns e martes un obradoiro de batchcooking, dito doutro xeito, preparar varios menús dunha atacada para varios días para aforrar tempo na cociña. Pero o obxectivo desta iniciativa vai máis alá, porque o que pretende é incorporar á nosa dieta máis peixe, achegando ao público receitas e técnicas sinxelas para que non se perda nin o seu sabor nin ningunha das súas propiedades.
‘Adestrar sen pantallas’, o deporte como base para previr as adicións aos móbiles
Nace ‘Adestrar sen pantallas’. Trátase dunha nova experiencia da Fundación Galega contra o Narcotráfico que busca promover o uso saudable da tecnoloxía entre a mocidade. O obxectivo é previr posibles adicións vinculadas á internet, aos móbiles, ás redes sociais ou ás apostas. O programa vaise desenvolver en tres localidades da nosa contorna: Vilagarcía, Cambados e Ribeira. En cada municipio, a fundación conta coa complicidade de clubes deportivos e dos seus adestradores, encargados de promover dende o deporte un uso máis responsable das novas tecnoloxías.
Desencontro entre a Xunta e o concello de Vilagarcía polo futuro da Casa de...
O goberno local ameaza con demandar a Patrimonio se non se desbloquea este proxecto no prazo dun mes. En concreto, Ravella pídelle a ese departamento autonómico que o inmoble quede exento de necesitar a súa autorización para a súa rehabilitación. Algo que descartaba este xoves o delegado da Xunta en Pontevedra porque, lembra, trátase dun ben catalogado. Pablo Fernández lamenta a actitude do concello vilagarcián, ao que di tender a man na procura de avances.
Un escudo en pedra na praza da Liberdade lembra o histórico concello constitucional do...
O Carril xa presume de escudo. Trátase dunha réplica en pedra da insiginia do antigo concello, que foi instalada na praza da Liberdade, unha vez foi retirado da zona o vello transformador eléctrico. O concello de Vilagarcía investiu neste escudo de 16 metros cadrados uns 17.000 euros. Hai uns meses xa se instalou un semellante en Vilaxoán.
Alberto Varela presenta a denuncia contra o home que o agrediu ao berro de...
O alcalde de Vilagarcía formalizou este luns a denuncia contra o home que o agrediu esta fin de semana nun local hostaleiro da cidade. O varón atacou a Alberto Varela propinándolle dous golpes nas costas e agarrandoo polo pescozo ao berro de ‘rojos de mierda’ e ‘iros de putas con Ábalos’. O socialista asegura que reflexionou sobre presentar ou non a denuncia. Asegura que o fai como xeito de chamar a atención sobre a gravidade que ten normalizar o insulto por razóns ideolóxicas e a escalada violenta que se está a producir como consecuencia.
A área sanitaria responsabiliza á folga de médicos e ao absentismo nas citas do...
Empeoran as listas de espera na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A 30 de xuño, o tempo medio de agarda por unha cirurxía era de 90,7 días, un mes máis que no balance anterior. No caso das consultas con especialistas, a espera media está en 70 días. Dende a xerencia apuntan que son cifras que recordan aos niveis postpandemia e responsabilizan á folga de médicos contra o estatuto marco e ao absentismo nas citas.
Os tres grandes bancos do libre marisqueo da ría de Arousa permanecerán pechados esta...
Novo golpe para o sector marisqueiro na ría de Arousa. As zonas de libre marisqueo van permanecer pechadas esta campaña. Os Lombos, O Bohído e Cabío terían que abrirse á actividade este xoves, pero a alta mortaldade rexistrada pola baixa da salinidade e os temporais condicionaron a recuperación dos recursos. Si van abrir as denominadas ‘outras zonas’
A Mancomunidade do Salnés recoñece o apoio de 40 empresas da zona para o...
SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés reúne 40 empresas para poñer o punto e final á décimo cuarta edición do seu Programa Integrado de Emprego....
Catro roubos en 15 días e uns 13.000 euros en gastos na igrexa de...
Vaga de roubos na igrexa de Sobrán, en Vilagarcía. En tan só 15 días entraron no templo catro veces. O ladrón non puido levar nada, pero si deixa cuantiosos danos materiais. Calculan que arranxar os desperfectos vai custar uns 13.000 euros. No último asalto, o ladrón feriuse ao cortarse cos cristais da porta pola que accedeu, deixando un Regueiro de sangue pola igrexa. A Policía xa recolleu mostras para tentar identificalo. Con todo, o párroco ten claro que ten que ser alguén da zona. Estes días, están a reforzar a seguridade de portas e ventás para evitar que volva entrar. Tamén van instalar cámaras.

















