Canal Rías Baixas

O executivo boirense acondiciona o cemiterio municipal de Vista Alegre

BOIRO> As actuacións tiñan coma principal finalidade o acondicionamento do camposanto para que estivera nas mellores condicións posibles de cara a esta fin de semana na que se celebra a festividade de Defuntos e Tódolos Santos.

A reparación de distintos puntos de luz que se atopaban estropeados ou o acondicionamento dos camiños interiores con grava foron só algunhadas obras realizadas estes días. A finalidade destes traballos non era outra que deixar a instalación nas mellores condicións posibles de cara a fin de semana na que se celebra a festividade de Defuntos e Tódolos Santos.

O Concello decidiu destinar a un operario municipal a estas tarefas, como se facía antigamente, para que se encargue durante o ano de tódolos arranxos que necesite o cemiterio.

De cara xa a fin de semana o executivo acordou tamén unha serie de medidas para garantir o control e a seguridade no camposanto. Así as instalacións estarán abertas de oito e media da mañá a dez e media da noite. Tamén se intensificará o control para evitar as aglomeracións e se cumpra coas medidas de seguridade e protección, como son o uso obrigatorio de máscara, o mantemento da distancia  e a hixiene de mans.

Exit mobile version