As obras da casa da cultura de Boiro estarán rematadas a finais de ano
As obras de ampliación da casa da cultura de Boiro poderían estar rematadas a finais de ano. Así llo comunicaron os responsables da obra ó alcalde nunha visita realizada esta mañá á Cachada para comprobar o avance dos traballos.
Música, teatro e cine serán as ofertas culturais de Boiro para este outono
O concello de Boiro programou unha ampla e variada axenda cultural para estes meses de outono. As propostas volven apostar polo teatro, a música e o cinema coma eixos principais.
O concello de Boiro habilita un local para a comunidade de montes no centro...
O concello de Boiro vén de acondicionar un local para a comunidade de montes no centro social de Cespón. Emprázase na parte superior do inmoble que fora executado con fondos da entidade trala cesión dos terreos por parte da administración local.
A Festa da Bici reunirá este domingo en Boiro a uns 800 participantes
Boiro celebra este vindeiro domingo a quince edición da Festa da Bici. A cita, organizada polo Concello e promovida polo Club Ciclista Barbanza, reunirá a preto de 800 participantes. A proba non terá un carácter competitivo e a súa finalidade non é outra que a promoción do deporte das dúas rodas.
Boiro inviste preto de 200 mil euros nos campos de Barraña e Vista Alegre
O executivo boirense inviste preto de 200 mil euros na posta a punto de varias instalacións deportivas municipais, en con creto nos campos de fútbol de Barraña e Vista Alegre. As dúas instalacións deportivas foron renovadas para este inicio de temporada.
A Asociación de Xubilados de Boiro volve demandar unha residencia pública
A Asociación de Xubilados de Boiro insiste na necesidade de construír unha residencia pública no municipio. Despois de manter unha xuntanza co director xeral de Maiores, Antón Acevedo, este confirmoulle que o Concello non puxo a disposición da Xunta os terreos necesarios para poder acometer esta importante actuación.
PP e BNG responsabilizan ó concello dos cortes de auga polo mal estado da...
Aínda que a pasada tarde se restablecía por completo o subministro de auga no concello de Boiro, os cortes producidos ó longo desta semana seguen sendo obxecto de debate entre goberno e oposición. O PP acusa ó concello de tentar descargar responsabilidades sobre Augas de Galicia cando as avarías, din, producíronse na rede municipal e non na estación potabilizadora de Padrón.
O concello de Boiro insiste en que os problemas de abastecemento derivan da seca...
Dende o concello de Boiro volveron explicar que a situación vivida esta semana é froito da seca prolongada tal e como evidencia a súa inclusión na lista de 74 municipios en situación de seca prolongada.
Os cativos de Boiro contarán cunha zona de psicomotricidade no parque da Praza de...
O executivo boirense vén de adxudicar, por algo máis de 18 mil euros, as obras de instalación dunha zona de psicomotricidade no parque infantil da praza de Galicia. A actuación ten como obxectivo dotar a este espazo público dun novo equipamento orientado á actividade física e ó desenvolvemento da psicomotricidade, diversificando e ampliando os usos do parque. Un dos máis concorrido de todo o termo municipal.
O executivo de Boiro garante a potabilidade da auga en toda a rede municipal
O executivo de Boiro saíu ó paso das críticas do PP sobre a falla de previsión na xestión da rede de abastecemento. Dende o goberno enviaron tamén unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía asegurando que a auga é apta para o consumo.

















