Canal Rías Baixas

Ampliado o prazo para a presentación de candidaturas ós premios PEL da Deputación

BARBANZA> A Deputación da Coruña amplía ata o 28 de xaneiro o prazo para presentar candidaturas ós premios PEL. Nesta cuarta edición inclúese unha nova categoría: a de mellor iniciativa innovadora contra a covid.

Os interesados en presentar a súa candidatura ós premios PEL da Deputación da Coruña dispoñen ata as dúas da tarde do día 28 deste mes. A administración provincial decidiu ampliar o prazo para que os candidatos fagan chegar as súas propostas a través da sede electrónica da Deputación.

Nesta cuarta edición, repartiranse un total de 75 mil euros distribuídos en cinco categorías. Ás xa tradicionais que distinguen a mellor iniciativa empresarial nova, consolidada, mellor concello e asociación empresarial súmase este ano unha categoría nova: a de mellor iniciativa innovadora contra o covid. Cada un dos premios está dotado con 15 mil euros.

Non se admitirá máis dunha candidatura por categoría, a excepción dos concellos que poderán tamén optar ó recoñecemento na loita contra o covid. As bases reguladoras con máis información sobre os requisitos e a documentación a presentar están dispoñibles na web da Deputación da Coruña.

Exit mobile version