Canal Rías Baixas

O Plan Revitaliza chegará á India da man da Fundación Vicente Ferrer

PONTEVEDRA> O Plan Revitaliza inspirará o tratamento dos residuos sólidos nun novo país. Desta volta é a India e a proposta da Deputación de Pontevedra chegará ao país asiático a través da Fundación Vicente Ferrer. A intención é dar nocións de compostaxe a unha trintena de familias que se beneficiaron dun dos programas da entidade, que lles facilitou vivendas no rural.

O Plan Revitaliza chegará á India. A proposta da Deputación de Pontevedra para o tratamento dos biorresiduos serve de inspiración á Fundación Vicente Ferrer. Aplicarán as nocións nun dos programas que desenvolven no país asiático: Maana Bhoomi.

Fundación Vicente Ferrer, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e Deputación de Pontevedra participaron esta mañá nunha xornada para trasladar á ONG os coñecementos adquiridos na materia da compostaxe.

Dende a Fundación explican que na India partiuse dunha sensibilización nula en materia ambiental. Agora non desbotan trasladar os coñecementos adquiridos a outros programas que desenvolven no país.

O proxecto Maana Bhoomi na India está financiado polo Fondo Galego de Cooperación, ao que pertencen un cento de entidades municipais de toda Galicia.

Exit mobile version